Novo xuízo farsa contra o estudantado galego: solidariedade con Oliver e Nerea
O xoves 26 de outubro, terá lugar en Vigo un novo xuízo farsa contra o estudantado galego. Oliver e Nerea están acusadas de “desordes públicas”, “atentado contra a autoridade” e “lesións”, enfrontándose a peticións de prisión de seis anos para cada unha. O seu suposto delito: participar da manifestación convocada en Vigo por Agir, os Comités e a Liga Estudantil Galega con motivo da folga estudantil do 20 de febreiro de 2014.
Máis unha vez, manifestamos a nosa solidariedade con estas persoas, esixindo a súa absolución.
Tamén fazemos un chamamento a participar da concentración solidaria convocada o 26-O ás 09:00 nos xulgados de Vigo (rúa Lalín 1).
Stop represión!
Defender o ensino público galego non é delito!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira