O 99% DO ESTUDANTADO DI NON Á LOMCE

No referendo organizado hoxe por Erguer. Estudantes da Galiza en 30 centros de ensino medio de 20 comarcas diferentes do País, participaron preto de 5 000 estudantes, das cales o 99% votou “non” á pregunta “estás a favor da aplicación da LOMCE?”. O 1% restante dividiuse entre os votos a favor, en branco e nulos.
Consideramos que a oposición do estudantado galego á LOMCE non podería ser máis masiva nin contundente. De novo, e como xa fixo na folga do pasado mes de abril, o alumnado de Secundaria e Bacharelato berrou alto e claro que non quere que se lle aplique esta lei elitista, galegófoba, machista, antipedagóxica, liquidadora de oportunidades e confesional, que aínda por enriba se aplica sen estar deseñada por completo e condenándonos a un futuro académico totalmente incerto.
A loita contra a LOMCE non rematou con esta votación: o estudantado demostrou que quere seguir loitando contra ela e que quere autoorganizarse para tumbala, e Erguer será a ferramenta para acadar ese obxectivo.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará