Este caderno é o primeiro da liña de cadernos formativos “O porqué das cousas”,
editado pola organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza. A través del
buscamos adentrarnos nas organizacións estudantís, reflexionando sobre a nosa
razón de ser, a realidade na que actuamos e os retos que temos para a sociedade
que buscamos construír. Agradecemos que o leas detidamente, coa mesma vontade
constructiva e de aprendizaxe coa que foi feito por estudantes e compañeiras de
aulas.
