O tratamento da violencia machista nos medios
Este xoves 14 de decembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela un acto organizado por Erguer sobre o tratamento da violencia machista nos medios de comunicación, coa presenza de María Obelleiro (xornalista de Sermos Galiza) e Marga Corral (Secretaria de Muller da CIG).
Con esta palestra queremos deitar o foco sobre o papel que os medios de masas xogan na normalización da violencia contra a muller, desde o trato de pasividade até o sensacionalista, e analizarmos como achegar perspectiva de xénero e contido feminista ás pezas informativas.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira