O vindeiro 15 de Abril, no marco da xornada de folga que mobilizará as estudantes galegas para defender o ensino público fronte a ameaza da privatizacion, convocamos mobilizacións en todas as cidades do país.
Consideramos unha necesidade fundamental facermos da folga algo máis que un simple acto reivindicativo, é o grito de protesta que une as reivindicacións das distintas estudantes deste país que sofren a privatización en distintas formas.
É por iso que chamamos á mobilización descentralizada, que permitirá na medida do posíbel ás estudantes da Galiza organizarse e acudir, enchendo as rúas coas reivindicacións do estudantado galego.


Onde podo descargar o papel que xustifique a folga para dalo no meu instituto e así poder acudir á folga??
Que se haga
Mi instituto no quiere aceptar la huelga del 15A aun así convocada por el sindicato de alumnos del instituto, quitandonos el derecho de huelga