Polo futuro da comarca! 17N – Folga Estudantil na Mariña
A comarca da Mariña, ao igual que todo o norte do país, vive un proceso de desmantelamento industrial e esmorecemento económico, laboral e social. Ao peche de empresas, o deterioro progresivo dos servizos públicos, nomedamente a atención sanitaria, súmaselle a falta de alternativas que manteñan o emprego e, en definitiva, a vida.
Os exemplos últimos da morte anunciada da comarca son o de Alcoa e Vestas
No primeiro caso, ano e medio despois de Alcoa presentar o ERE, aínda non se efectuou a intervención pública da fábrica. No segundo, co peche da planta e despedimento colectivo.
Por isto, convocamos unha folga de estudantes no ensino medio para o vindeiro xoves 17 de Novembro, baixo o lema “As estudantes polo futuro da nosa comarca”.
Dende Erguer. Estudantes da Galiza entendemos que as estudantes, como parte da poboación da Mariña, temos que actuar para deter a desertización industrial, a perda e deterioro de servizos, a pobreza e despoboamento da comarca. Por isto, convocamos unha folga de estudantes no ensino medio para o vindeiro xoves 17 de Novembro, baixo o lema “As estudantes polo futuro da nosa comarca”. Sumámonos así á convocatoria de folga xeral comarcal convocada pola Confederación Intersindical Galega.
Entendemos que defender isto non é outra cousa que defender o noso futuro. O de poder traballar e vivir na nosa terra. Por isto, en solidariedade con toda a nosa comarca e en defensa dunha vida digna saímos á rúa este xoves 17 de Novembro.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira