Posicionamento sobre a LOSU

Hoxe, 22 de decembro, ven de consumarse a aprobación en pleno do Congreso dos Deputados da Lei de Ordeación do Sistema Universitario (LOSU) co voto negativo de boa parte das forzas soberanistas de esquerdas das distintas nacións do estado, incluíndo a reperesentación do nacionalismo galego no congreso.

Esta nova lei ven a supor un avance na intromisión das empresas privadas na xestión das universidades públicas mediante un aumento do protagonismo dos Consellos Sociais fronte aos Claustros Universitarios eleitos democraticamente. Ao mesmo tempo, a lei privilexia as universidades privadas, concedéndolles os mesmos dereitos que ás públicas e integrándose os reitores das universidades privadas no Consello de Universidades sen exixirenselles os mesmos deberes de transparencia, democracia interna ou taxas de reposición que ás universidades públicas. Así mesmo, a lei propón unha flexibilización dos títulos coa creación dos denominados “micrograos” cuxas características e homologación non especifica. Na práctica isto podería supor unha aplicación encuberta do chamado “3+2” e unha perda de peso dos graos fronte aos mestrados.

O texto legal presenta tamén cambios preocupantes para o movemento estudantil. En primeiro lugar a creción de dous mecanismos de representación das estudantes alleos á autoorganización democrática do estudantado. En primeiro lugar, o Consello Estatal de Estudantes adscrito ao Ministerio de Universidades e con carácter consultivo. En segundo lugar, os Consellos de Estudantes de cada universidade, que a lei fai de creación obrigatoria. Estes organismos, cuxos mecanismos de elección non aparecen recollidos na lei, supoñen a creación de pseudoorganzacións estudantís dependentes na prácica da dirección das universidades. Así mesmo, o texto recoñece tamén por primeira vez nunha lei estatal o dereito á folga estudantil baixo a figura do “paro universitario”. Porén, concédelle a función de convocar estes paros exclusivamente aos organismos de representación estudantil de cada univerisdade, en lugar das organizacións que, ata agora, son as que o viñeran facendo na práctica.

Finalmente, cabe destacar que esta lei non se adapta á realidade da universidade galega, con moito maior peso do sistema público é que debemos protexer fronte á ofensiva privatizadora dos gobernos español e autonómico. Tampouco atopamos na lei un recoñecemento suficiente da realidade cultural e lingüística diferenciadas da nación galega.

Ante esta lei, ERGUER ESTUDANTES DA GALIZA non pode senón amosar a súa rotunda oposición que emana do noso compromiso firme cunha educación 100% pública, de calidade e ao servizo das clases populares.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará