PRÁCTICAS DIGNAS E REMUNERADAS

Como cada 1º de maio, dende Erguer. Estudantes da Galiza reivindicamos a importancia deste día e da necesidade de mobilizarnos tamén dende o movemento estudantil por un modelo de ensino que basee os seus principios nas clases populares e nas súas necesidades. 

Baixo o lema “Prácticas dignas e remuneradas”, neste Día Internacional da Clase Traballadora facemos un chamamento ás institucións para que reflexionen sobre as condicións e as realidades das prácticas que se nos esixen realizar para a obtención dos nosos estudos. A comezos deste ano 2024, ditas prácticas pasaron a ser cotizadas por parte das estudantes que as realizaban, máis isto non garante que as condicións das mesmas deixen der ser abusivas nin que se deba apartar este tema do punto de mira, sobrepoñendo sempre os intereses e necesidades das alumnas por riba dos das empresas, o cal segue sen acontecer en moitos casos.

É inadmisible que, aínda tendo en conta as condicións tan precarias nas que temos que vivir as estudantes, con alugueiros inflacionados, carriños da compra inalcanzábeis e unha sensación de incertidume constante cos nosos futuros, non se nos permita recibir unhas prácticas remuneradas proporcionais aos traballos que desenvolvemos en empresas privadas ou do Estado, permitíndonos ter uns ingresos mínimos que nos axuden a facer fronte a todos estes aspectos, poñendo en valor os nosos esforzos.

Por todos este motivos, Erguer fai un chamamento a todas as estudantes para saír ás rúas e entre todas loitar por un presente e un futuro que dignifique as nosas condicións como estudantes dentro do mundo laboral. Esixamos o que merecemos, ninguén vai facelo por nós!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará