Que quere a escola de CR?
Hoxe participamos da concentración organizada polo alumnado e profesorado da Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais, que levan anos nunha continua loita para que se lles recoñeza como grao. Ademais vimos de coñecer unha contratación irregular dunha profesora por parte da Xunta de Galiza. Aquí vos deixamos o manifesto lido na concentración por parte das estudantes e profesoras deste centro:
Que quere a escola de CR?
Este ano facemos 25 anos de existencia. Nestes anos fixemos infinidade de cousas, que vistas en conxunto adquiren certo peso: docente, pero tamén social.
Nos próximos 25 queremos medrar, converternos nun centro modelo, unha referencia na protección do patrimonio cultural; unha institución da que sentirnos máis orgullosas. E tamén queremos xerar ese orgullo no noso entorno, pontevedrés e galego.
Para esa tarefa debemos esforzarnos moito, coma se empezásemos de novo, como se non tivésemos historia. Pero ademais necesitamos unhas condicións mínimas, que solicitamos ao noso conselleiro. Non son solicitudes caprichosas nin inalcanzables, son soamente peticións moi simples, non son peticións complexas.
Como é o noso aniversario, imos pedirlle un agasallo, Conselleiro. A Escola quere:
- En primeiro lugar que se anule a vacante adxudicada no recente concurso de traslados a Beatriz Seco, por tratarse dunha praza, Restauración de documento gráfico, correspondente a unha especialidade que non se imparte nesta escola e cuxo procedemento de adxudicación resulta claramente irregular.
- Que a selección de profesorado se faga mediante criterios obxectivos, non por amiguismo.
- Traballar no ámbito da educación superior e competir cos mellores, para o que necesitamos integrarnos na universidade.
- Ofrecer a mellor das titulacións posibles, que non cree ningún tipo de dúbida na sociedade: un grao universitario.
- Poder participar en condicións de igualdade en mestrados e doutoramentos universitarios, e non ser expulsados daqueles que nós mesmas deseñamos (por non ser universidade).
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira