Quen somos?

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista.

Foi fundada o 5 de marzo de 2016 nunha Asemblea Nacional Constituínte que tivo lugar no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, baixo o lema “Libera e transforma Galiza desde as aulas”. Erguer constitúese como resposta á necesidade dunha fronte estudantil forte que fixese fronte aos ataques que o ensino público estaba a sufrir baixo o goberno do Partido Popular.

No marco da Asemblea Nacional Constituínte Iria Figueroa foi elixida primeira Responsábel Nacional de Organización.

A recomposición da unidade estudantil nacionalista puxo fin a unha etapa (2011-2015) en que conviviran AGIR, a Liga Estudantil Galega e Comités. Foron precisamente estas tres organizacións as que, tras un período de acción unitaria, decidiron unir forzas nun único proxecto.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google