Resolucións da nosa II Asemblea Nacional

A II Asemblea Nacional de Erguer sacou unha fundamental resolución, froito dun dos principais debates da xornada, para darmos corpo ao ente do movemento estudantil galego e favorecermos dinámicas de unidade no seo do mesmo. Desexamos tamén moito éxito á Folga Nacional estudantil deste xoves 19 de abril, na que volvemos saír ás rúas esixindo unha Lei Galega de Educación.

Extraemos tamén resolucións en recoñecemento da República catalá e en solidariedade cos CDR e as presas políticas ou esixindo a posta en liberdade de todas as presas políticas galegas e a fin da dispersión, apoiando tamén a XII Marcha ás Cadeas. Asimesmo, denunciamos a persecución ideolóxica por parte do Estado e a vulneración do dereito á liberdade de expresión, como no caso de La Insurgencia. Solidarizámonos tamén co mozo galego Emilio Cao, que se enfronta á petición de 5 anos e 8 meses de prisión por parte da Fiscalía pola súa participación nas Marchas da Dignidade no ano 2014.

Denunciamos tamén o recente ataque dos Estados Unidos e da OTAN a Siria.

Celebrando a nosa Asemblea Nacional na cidade de Pontevedra, denunciamos a presenza de ENCE e da sede da Brilat na mesma, e celebramos a apertura do novo centro social O Quilombo.

Enviamos tamén azos ás traballadoras de limpeza da USC, que manteñen un conflito coa empresa por un convenio único.

Finalmente, saudamos a creación da Plataforma social polos dereitos nacionais Vía Galega, agardando que non sexa vítima da instrumentalización que sufriron no pasado espazos semellantes.

 

 

Tamén presentamos ao noso novo Consello Nacional formado por Iria Figueroa, Tristán, Jurjo Diz, Moraima Pérez, María Bará, Claudia Rivera, Andrea Sartier e André Vidal

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará