Novas Covid-19 (25 marzo) parte 1
Achegámosvos información das medidas adoptadas na reunión celebrada hoxe entre o Ministerio de Educación, o Ministerio de Universidades e as Comunidades autónomas.
Dende Erguer, consideramos necesario que se fixe canto antes a data concreta para a realización da ABAU na Galiza, para despexar de todo a incerteza e presión á que se ven sometidas as estudantes estes días. Por outra banda, tampouco sabemos aínda se vai haber modificacións tamén no calendario do curso académico.
Ademais, demandamos que se establezan uns criterios claros e xustos para a reorganización dos contidos e do modelo do exame que non prexudiquen aínda máis ao alumnado.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira