
Erguer. Estudantes da Galiza transmite a súa solidariedade internacionalista coas estudantes de Turquía tras seren represaliadas brutalmente pola policía do seu país, en especial expresamos a nosa solidariedade e lamento con İlayda, compañeira de Turquía recentemente asasinada. Mandamos o noso sinceiro pésame ás súas amizades e compañeiras.
En Erguer estamos consternadas coa brutalidade e desproporcionalidade coa que foron posteriormente atacadas as nosas amigas de Turquía por protestaren por İlayda. Non debemos calar ante a tortura e o asasinato das nosas compañía de loita.
Dende a Galiza lanzamos unha aperta a Turquía, esperamos a liberación das represaliadas e desexámoslles moita forza aos colectivos estudantís.
Viva o movemento estudantil organizado
