O imperialismo estadounidense volve cargar contra o pobo venezolano.
Baixo a máscara de salvación e “democracia”, os EUA continúan oprimindo a soberanía dos pobos.
Esta noite vimos a máxima expresión do imperialismo, os Estados Unidos realizaban un ataque coordinado na república bolivariana co obxectivo de secuestrar ao presidente lexítimo de Venezuela, Nicolás Maduro e intimidar a quen quere un mundo libre de imperialismo.
A realidade é clara: este ataque non ten nada que ver cos dereitos humanos nin coa democracia. Trátase dunha operación clásica de inxerencia, baseada na opresión militar, na asfixia das sancións económicas e nun relato mediático construído para xustificar o inxustificábel.
Mentres falan de liberdade, afogan un pobo enteiro e violan sistematicamente o dereito internacional como levan facendo na Venezuela durante décadas. O verdadeiro motor desta agresión é evidente: petróleo, control e submisión.
Quen viola a soberanía dos pobos, bombardea cidades e sanciona países non pode dar leccións de democracia. Erguer. Estudantes da Galiza, como organización nacionalista e antiimperialista, seguirá, como sempre fixemos, condenando as agresións militares na Venezuela e defendendo a soberanía e a autodeterminación dos pobos fronte aos intereses imperialistas.
Viva a revolución bolivariana!
Asinado, o Consello Nacional de Erguer.Estudantes da Galiza.

