Tamén no ensino, paremos o xenocidio!

No día de onte, 30 de setembro de 2025, foron convocados paros laborais para o día 15 en toda a nación pola defensa do pobo palestino e a fin do xenocidio. As estudantes de Galiza debemos de dar un paso á fronte e responder tamén a este chamamendo da sociedade pola defensa de Palestina. Dende Erguer.Estudantes da Galiza, como organización do estudantado galego, internacionalista e anti-imperialista, asumimos a nosa responsabilidade e dispomos as nosas forzas a organizar e estender esta convocatoria ao estudantado galego. 

Así pois, anunciamos a convocatoria de paros académicos para o mesmo día 15 de outubro a nivel nacional.  Nos vindeiros días continuaremos difundindo esta convocatoria, informando sobre o seu desenvolvemento e organizando ditos paros académicos. 

Viva a resistencia Palestina, viva a loita internacionalista, abaixo co imperialismo!

Do río ao mar, Palestina vencerá!

Galiza con Palestina!

Máis información sobre os paros será subida ás nosas redes sociais nos vindeiros días.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *