Transporte digno para a xuventude!
As compañeiras de Erguer Vigo estiveron presentes en Gondomar, na comarca do Val Miñor, dando comezo a unha rolda de palestras de Orientación escolar e Transporte público no IES Auga da Laxe,achegando información ao alumnado do centro sobre a situación actual en materia educativa e a falta dun transporte público ao servizo das persoas.
Da man de ex-alumnas do centro, entre as que se atopan compañeiras de Erguer, falaron co alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato das súas traxectorias tanto na Formación Profesional como na Universidade, coa intención de orientalas coas súas propias vivencias e prestarlles apoio de cara á continuar estudos superiores en diferentes alternativas.
Xunto coa Asemblea Veciñal por un transporte digno para Gondomar, abordaron tamén a problemática derivada da falta dun transporte público que permita os desprazamentos do alumnado aos centros de ensino medio e superior, tanto dentro do Val Miñor, como fóra del (véxase Vigo, Tui ou o CUVI). Ante as trabas e o desinterese do PP na Xunta pola mobilidade e a educación pública, é necesario plantarlle cara a estas políticas que limitan e isolan as estudantes da comarca por mor dun transporte público inaccesible en tarifas e inservible en percorridos.
Organízate connosco!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira