Unha voz, todas as loitas! Por un novo modelo de Universidade

O próximo 4 de maio celébranse as eleccións ao claustro da Universidade de Vigo. As estudantes organizadas en Erguer encaramos isto da única forma posíbel: buscando un novo modelo de Universidade.

Condensar todas as loitas sociais, e reunilas nunha voz

Na actualidade, o enfoque do ensino superior é totalmente mercantilizador. Queremos abrir dúas fendas: a do inmobilismo e pasividade das estudantes, e a de pensar que este é o único modelo posíbel. Pois facer activismo non é só defender dereitos, senón tamén dar debates.

Debemos condensar todas as loitas sociais, e reunilas nunha voz para mudar o propio esqueleto da Universidade Pública: democratizala, facela accesíbel, feminista e que sirva aos intereses da sociedade.

O Ensino Universitario está sendo o cabalo de batalla do neoliberalismo: cuestións e dereitos que eran esenciais, agora xa non o son. O colectivo desdebúxase e os dereitos desaparecen en favor da competitividade disfrazada de preocupación por un mesmo.

Nós opoñémonos a iso. A Universidade debe ser unha institución do saber, que busque preparar ao conxunto da sociedade para os retos colectivos que temos, non un bacharelato premium, con máis taxas e que sirva para preparar a xente especializada en favor dos beneficios económicos empresariais.

Estar onde se decide, mais construír en cada aula

Carece de sentido que non estexamos onde se deciden cuestións que nos afectan, algo que lle convén moito a quen quere seguir implementando as últimas reformas en materia de educación.

A Universidade ten feito unha labor de maquillaxe con respecto aos debates sociais da actualidade, mais as súas raíces son as mesmas. Fronte a isto, debemos facer chegar unha acción despatriarcalizadora, democratizadora e rachar co actual modelo.

Isto é un enorme reto. Mais entedemos que é a única forma de dar calquera debate. Estar onde se deciden cuestións pero construír e transformar desde a base, pois levantar o brazo non é suficiente.

Calquera cambio só pode nacer da colaboración, o apoio mútuo, tecer novas formas de relacionarnos, rachar co individualismo e a competitividade e contar coa forza do colectivo. 

Para construír un ensino público, galego, feminista, democrático, laico e científico pedímosvos o voto ás candidatas que se presentan por Erguer o próximo dia 4. 

Logo dos resultados, o traballo centro a centro, aula a aula e materia a materia, pulando por mudar as cousas comezará o dia 5, non só dentro do claustro. Ese é o noso reto.

O noso programa

Achegamos un programa a curto e longo prazo, porque as mudanzas pequenas importan, mais son necesarios maiores esforzos para conquistar o ensino que queremos.

Deixámosche un resumo ?

E podes atopar a versión extendida aquí ?

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará