Valoración da folga do 16F

Desde Erguer. Estudantes da Galiza valoramos moi positivamente o éxito da folga estudantil deste 16F, secundada polo 90% das estudantes de ensino medio e polo 80% das do universitario.

As dezaseis mobilizacións realizadas en distintas cidades e vilas galegas foron un éxito de convocatoria e nelas o estudantado demostrou que quere un modelo de ensino radicalmente distinto ao que se nos impón mediante a LOMCE e o 3+2. 

A mobilización ten que seguir a ser a nosa principal ferramenta para alzar a nosa voz e esixir que se nos teña en conta na construción do sistema no que nos formamos. Mentres a LOMCE siga sen estar plenamente derrogada, o Decreto do 3+2 pendente de aplicar ou un pacto educativo que é unha mera maquillaxe da LOMCE en construción, seguiremos saíndo ás rúas a defender o ensino público galego.

Seguiremos a construír movemento estudantil nas comarcas galegas e a impulsar a autoorganización do estudantado galego!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Un comentario

  • ANEGA di:

    Sabedes que iso é rotundamente falso. En Compostela, as facultades estaban hoxe cheas porque as folgas hai que traballalas de antes. Non chega con pegar carteis, sen fomentar asembleas nin dialogar cas estudantes das facultades. Tiñades a case todas as estudantes na vosa contra. A folga das estudantes será o 9 de marzo, porque é a folga feita entre todas as alumnas e conta co apoio do estudantado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará