Valoración da folga do 9M

Desde a organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza celebramos o 90% de seguimento entre o estudantado galego da folga xeral no ensino de hoxe, 9 de marzo, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e a gran cantidade de centros do país que pararon por completo na xornada de hoxe. As máis de 4 000 persoas que hoxe saímos ás rúas de nove cidades e vilas galegas demostramos, de novo, que a comunidade educativa galega quere dar resposta aos ataques que se están a perpetrar contra o ensino público, e seguiremos mobilizándonos contra eles e defendendo un modelo educativo radicalmente distinto.
Desde Erguer seguiremos impulsando a autoorganización do estudantado galego e a expansión do movemento estudantil a cada vez máis centros de ensino do país, para xuntas construír un ensino de noso, en cuxa configuración teñamos voz, que atenda á nosa realidade nacional e lingüística e que nos forme como persoas con capacidade crítica. Continuamos na loita, nas aulas e nas rúas!
COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará