Xornadas de lingua en Filoloxía

Para a semana dan comezo as xornadas de lingua que organizan as compañeiras de Filoloxía de Compostela. Tres días cheos de actividades para debatermos sobre diferentes aspectos que atanguen á lingua, como a polémica lei LOMCE, o papel das institucións na normalización lingüística, as alternativas que se presentam fronte á norma oficial ou o camiño que segue unha estudante para publicar um libro. Unhas xornadas que contan co seguinte programa:

Martes 13 de decembro no Salón de Graos

Ás 17:30 un debate sobre o futuro que lle espera ao galego despois da aplicación da lei LOMCE, contando cun representante político a favor e unha profesora e estudante de secundaria en contra.

Ás 18:30 un outro debate sobre as institucións públicas e a sua actuación en materia de lingua e cultura, contando con representantes de asociacións da lingua.

Mércores 14 de decembro no Salón de Graos

Ás 17:30 unha charla con Valentim Fagim sobre as estratexias lingüísticas alternativas para o galego.

Ás 18:30 unha charla da man das escritoras Teresa Moure e Séchu Sende sobre o que supón ser reintegracionista e escribir na Galiza.

Ás 19:30 a presentación do manifesto “O fim do Apartheid” con Mário Herrero Valeiro, un dos seus promotores.

Xoves 15 de decembro na aula C11

Ás 17:30 proxectaremos o documental “Decreto Filgueira” para sabermos como foi o proceso normativizador do galego e a trascendencia que tivo Filgueira Valverde nel.

Ás 18:30 a proxección do documental “Porta para o exterior” e posterior debate coas súas autoras, Sabela Fernández e José Ramom Pichel.

Ás 19:30 unha conversa co poeta Antón Blanco, estudante de filoloxía, para coñecermos sobre os pasos que deu para ver publicado o seu poemario “A oseira”.

A partir das 21:00, moveremonos até o Centro Social A Gentalha do Pichel para clausurar as xornadas cunha festa que contará cun recital, Galeoke e petiscos a prezos populares.

cartaz-ilg

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará