QUE NON NOS COLLA O FRÍO!

As estudantes galegas sufrimos constantes situacións precarias para podermos desenvolver a nosa formación a través do ensino público. O desleixo por parte das institucións cara a calidade do ensino galego provocou condicións daniñas comograndes ratios, aulas masificadas, perda de horas de ensino na nosa lingua…  

Perante a situación de pandemia que vivimos, estas condicións prexudiciais víronse acrecentadas. Atopámonoscon servizos públicos de transporte que non garanten a nosaseguridade, aulas que non permiten estabelecer as distancias de seguridade recomendadas ou falta de medidas por parte da Xunta que responsabilizan os centros, mentres que as institucións pretenden culpabilizar as estudantes e as mozas do crecemento de contaxios con argumentos criminalizadoresafastados da realidade. 

Hoxe atopámonos aquí para reivindicarmos unha solución á problemática do frío provocada polas baixas temperaturas e as medidas de ventilación. Como ao longo de toda a pandemia, a Xunta de Galiza baixo o mandato de Núñez Feijóo é incapaz de anticiparse ás posíbeis adversidades que poidan xurdir. Esta non é unha excepción, a Xunta segue sen ter iniciativas de propostas e pretende facer ver que as medidas de ventilación no mes de setembro poden ser similares ás do mes de novembro ou decembro. Desde Erguer e Galiza Nova exiximos á Xunta de Galiza que actúe e non desgoberneofrecendo alternativas á ventilación natural como, por exemplo, dotar aos centros de purificadores HEPA avaliadospolo CSIC. Precisamos que estas alternativas garantan a existencia dunha temperatura adecuada nas aulas para podermos recibir o dereito a educación nunhas condiciónsmínimas.

QUE NON CONXELEN AS NOSAS IDEAS!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará