Regularización da vacinación ás estudantes de prácticas
Vimos de coñecer que a Consellería de Sanidade non contempla a vacinación das estudantes de grao e mestrado en prácticas. Ao mesmo tempo, son moitos os casos de compañeiras de enfermería, medicina, etc. que xa teñen sido vacinadas.
Entendemos que esta irregularidade non debe continuar, e seguindo os criterios sanitarios de idade, as estudantes que se atopen realizando prácticas deben ter os mesmos dereitos que o resto de persoal que desenvolva as mesmas tarefas.
A nosa organización ven de contactar para pedirlle explicacións á Directora Xeral de Saúde da Xunta de Galiza, Carme Durán Parrondo.
Mesma exposición, mesmos dereitos!

Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira