Peche de Ciencias Políticas. Quéixate!

Hoxe, mércores 24 de abril, as alumnas de Ciencias Políticas da USC levamos a cabo un peche total da facultade, a modo de resposta perante a pasividade mostrada polos órganos directivos da mesma.

As nosas reivindicacións consisten na garantía de seguranza nas instalacións eléctricas, pois atópanse en risco de incendio debido á falta de mantemento e ás múltiples neglixencias nas infraestruturas, ademais da necesidade inxente de enchufes indispensables para o desenvolvemento da nosa actividade académica; horarios adaptados ás posibilidades do alumnado e non solapados que permitan compaxinar as asignaturas. Os espazos de estudo dispoñibles son insuficientes e non funcionais. Isto débese a un problema estrutural da facultade, ademais do feito de que o edificio estea compartido coas alumnas de laborais e as de farmacia. Asimesmo, correspóndenos un andar da Biblioteca Concepción Arenal, o cal non se atopa liberado e ao que non temos acceso preferente. Tamén existen determinadas irregularidades no que concierne ás prácticas, as cales reclamamos que sexan xustamente remuneradas e posúan transparencia. Un dos problemas máis graves cos que nos atopamos neste tema é a súa duración, posto que consisten en 550 horas, facendo que sexan, en realidade, unha xornada laboral camuflada na que as alumnas non reciben ningún tipo de compensación económica. En conclusión, con este peche reivindicamos unha facultade digna e adaptada ás necesidades do alumnado.


COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará