Combatendo a desinformación (29/03)

Son moitas as dúbidas que estamos recibindo estes días respecto a 2ª avaliación. O Ministerio de Educación e a Consellería acordaron que se fixese co traballo feito antes da declaración do estado de alarma. Polo tanto, o traballo posterior non é avaliable.

Ademais, dende Erguer queremos denunciar as dificultades que leva consigo esta decisión de manter a 2ª avaliación, que tenta aparentar normalidade nunha situación de total excepcionalidade. Consideramos que o xusto sería facer a modificacións oportunas no sistema de avaliación e que fose ao final de curso cando se nos avaliase con todas as garantías. Unha vez resolto o confinamento e os numerosos problemas e dificultades que provoca esta situacións na nosa educación: falta de recursos, desinformación, imposibilidade de acceso á formación á distancia, etc.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *