Dálle á lingua!

Por un ensino en galego, tingue a túa lingua de azul!

Coa LOMCE, o alumnado da ESO ten 31 horas de clase en español fronte a 18 en galego se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas. Polo tanto, na ESO recibimos entre 10 e 13 horas de docencia menos en galego que en castelán, o cal é unha agresión brutal á nosa lingua por parte do goberno do Estado e da submisa Xunta de Galiza.

O Decreto de Plurilingüismo foi deseñado de xeito que a introdución do inglés fose sempre en prexuízo do galego, e mesmo marcaba a obrigatoriedade de impartir as materias técnicas en castelán. Coa LOMCE limítase unha vez máis a presenza da nosa lingua no ensino.

Na Universidade, só unha de cada 5 horas dos nosos graos son impartidas en galego, o que representa unha presenza da nosa lingua nas aulas mísera. Nos mestrados, as horas de docencia en español tamén superan ás de galego. Nalgunhas titulacións o galego está incluso ausente por completo, e as materias impártense enteiramente en castelán. Ademais, a miúdo se vulnera o noso dereito a examinarnos en galego.

É inadmisíbel que se nos negue o dereito a estudar na nosa lingua. A normalización do idioma non pode ser efectiva se perde cada vez máis terreo nas aulas, e polo tanto entre a mocidade.

Esixe un ensino en galego, dálle á lingua!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *