Este 17 de maio dámoslle á lingua

Este 17 de maio as estudantes galegas saímos de novo ás rúas para defender o noso dereito a vivirmos no noso idioma, na manifestación convocada plataforma Queremos Galego, da que Erguer forma parte.

Sendo nós, a mocidade, a garantía de que o galego siga vivo no futuro, a realidade é que a nosa lingua perde cada vez máis falantes entre a xente nova. A súa liquidación no ensino público supón un agravio máis, xa que perde terreo nun ámbito fundamental das nosas vidas.
Desde Erguer queremos reverter esta situación demostrando que falamos unha lingua extensa e útil que ten que ter presenza en todos os ámbitos das nosas vidas.
A redución de horas do galego no ensino, que conta na Secundaria con 10 horas menos como lingua vehicular có español e cunha presenza de tan só 20% na universidade, é un ataque brutal aos nosos dereitos lingüísticos e ao suposto compromiso coa normalización do idioma. Precisamos aprender e formarnos en galego e despois poder exercer a nosa actividade profesiona en galego; precisamos que a nosa lingua teña abertas as portas de todos os ámbitos de uso para podermos vivir nela.
Coas amizades, coa familia, na rúa, nas aulas… hoxe, coma os 365 días do ano, dámoslle á lingua

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *