Solidariedade cos compañeiros detidos en Compostela!

Na madrugada do domingo, a Policía española detivo a dous militantes independentistas en Compostela, un deles membro de Erguer, baixo a acusación de ter provocado danos en once caixeiros da capital galega nos últimos catro meses. Estes compañeiros xa están en liberdade con cargos.

Erguer transmite a súa total solidariedade aos dous mozos detidos, novas vítimas da represión española, que tan ben coñecemos na nosa organización.

Esiximos a súa absolución, pois a súa loita é a de todo o pobo; a fin da represión española contra o independentismo galego, e a posta en liberdade dos presos independentistas galegos.

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *