As estudantes perante o peche de institutos e o traslado de varias ensinanzas

No dia de onte, terza-feira 4 de xullo, facíase publico no DOG o novo decreto do goberno da Xunta, máis un ataque do goberno do PP ao noso sistema educativo xa máis que maltratado tanto polo goberno galego como polo central.

Desta vez, a Consellería de Educación, de forma totalmente unilateral e sen contar con a comunidade educativa afectada decide pechar o CEIP Emilio Navasqüés de Cruceiro de Roo en Outes, así como o CPI Monte Caxado e a suspensión da oferta da ESO no CPI da Ribeira en Porriño. Volvemos ser testemuñas da nefasta xestión por parte da Xunta do sistema educativo, buscando o simple aforro baseado no recorte sistemático e na desmantelación do ensino.

Estas medidas son gravemente prexudiciais para o alumnado o cal en moitos casos mirarase obrigado a ter que desprazarse  grandes distancias para acudir aos seus novos centros, así como para o profesorado que descoñece totalmente a situación que terá que afrontar o curso que ven. Desde Erguer Estudantes da Galiza, queremos expresar o noso total rechazo a este tipo de medidas impostas pola Xunta sen a existencia de dialogo algún con a comunidade educativa, as como ofrecerlle ao alumnado destes centros toda a axuda que lles podamos dar.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará