As estudantes tamén paramos! Artigo de Nerea Edreira

O 8 de marzo de 2018 as rúas da Galiza uníronse ás de decenas de países e foron tomadas por milleiros de mulleres. No contexto do Paro Internacional de Mulleres que se espallou dende Sudamérica a Europa e Norteamérica, tentando amosar ao mundo a forza e carga que as mulleres posuímos.

As mulleres non paramos para festexar o que o capitalismo tenta vendernos como Día da Muller; Paramos para facernos ver e oír polos anos que nos silenciaron, para estar en primeiro plano de loita, afastarnos da mercantilización da data e reivindicar o que é o Día da Muller Traballadora

Como estudantes estamos tamén nun eixo fundamental da loita que acompañará á folga de coidados, consumo e laboral por todo o país. Estaremos man a man xunto con todas as mulleres do noso carón porque estamos fartas de non ter referentes femeninas nos planos de estudos, que os organismos directivos das universidades estexan masculinizados, a devaluación das carreiras feminizadas, de que os acosadores sigan nas nosas aulas… Reclamamos oportunidades para acceder a postos de traballo en igualdade de condicións ca os homes, temario con figuras femeninas, un sistema educativo que teña a perspectiva de xénero como unha competencia transversal e que inclúa unha educación afectivo-sexual diversa.

Dende Erguer convocamos Greve 24h a tódolos niveis educativos por un ensino laico, público e feminista. Xa é hora de que as fillas da clase traballadora nos unamos ás traballadoras e coidadoras polos nosos dereitos.
As estudantes tamén paramos!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará