Da rúa ao claustro, xuntas pola universidade pública!

Supresión do grao de Filosofía, discriminación á hora de solicitar material, máis iluminación nas residencias, falta de transporte que conecte os campus coa estación de autobuses, Wi-Fi non actualizado, profesorado insuficiente e con sobrecarga de traballo, falta de bolsas para estudar, machismo, mercantilización, precariedade, clasismo, 3+2, Estratexia Universitaria 2o20… Isto é o que vivimos día a día as estudantes da USC. O ensino esta sendo obxecto de ataques e é a nosa responsabilidade tomar partido e defender o noso futuro coas ferramentas das que dispoñemos.

É necesario estar nas rúas, máis tamén levar as nosas reivindicacións aos órganos de representación: por unha universidade pública, galega, democrática, accesíbel, científica, de calidade e antipatriarcal.

Por iso, nas eleccións a claustro deste 4 de maio, vota Erguer. Estudantes da Galiza na túa facultade.

 

Bótalle un ollo ao programa

Video
COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará