Fronte a súa constitución erguemos a nosa liberdade!

Case catro décadas despois da “modélica” transición, o franquismo continua vixente. Hoxe, 6 de decembro, celébrase o 39 aniversario da Constitución Española, chave para dar continuidade e lexitimidade a un réxime negador dos dereitos fundamentais das persoas e dos pobos.

Esta Constitución é o elemento vertebrador do Estado español, poñendo sobre o papel a base da ideoloxía da clase dominante para a unidade e inquebrantabilidade do Estado.

As estudantes galegas, sendo conscientes da repercusión que ten para as fillas da clase traballadora, como a negación da nosa lingua, a imposibilidade de termos un ensino enfocado á nosa realidade, así como da dependencia colonial que deriva da falta de soberanía sobre os sectores produtivos no noso país, rexeitamos a Consititución Española, reclamando a soberanía para os pobos que conformamos o Estado español, e unha necesidade de rompermos con este pacto entre as elites franquistas para ter un ensino pensado para as clases populares da Galiza.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará