Novas Covid-19 (25 marzo) parte 2
Achegámosvos información da xuntanza mantida este martes entre o Ministerio de Educación e as Comunidades autónomas ao respecto da FP. Dende Erguer, entendemos que é necesario que se desenvolvan máis amplamente esta medidas e que se informe ao alumando destas axeitadamente. Agora mesmo somos moitas as estudantes que vivimos con incerteza esta situación e que non sabemos como imos poder facer as nosas prácticas. Demandamos que se traballe baixo uns criterios claros e que non prexudiquen ao estudantado.


Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira