Erguer apoia as reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur

Erguer manifesta o seu apoio ás reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur da USC e fai un chamamento á participación na mesma.

Así, Erguer esixe:

  • A aposta polo software libre e, no seu caso, a adquisición de todas as licenzas informáticas que sexan precisas para os nosos estudos.
  • A mellora das instalacións (tanto das facultades como do campus): novos computadores, mellora do WIFI, accesibilidade…
  • A gratuidade dos estudos no CLM (Centro de Linguas Modernas).
  • A inmediata expulsión de todos os profesores machistas, homófobos, racistas e fascistas: Luciano Méndez, Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias, Miguel Caínzos López…
  • O fin da presenza da Policía española na USC. Aliás, o Reitorado non pode tolerar que esta forza de ocupación entre em nengunha facultade durante un protesto, como aconteceu nas últimas folgas.
  • A saída das entidades bancarias das instalacións da USC. Non queremos oficinas nin caixeiros do Santander nas nosas facultades!
COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on Google+
Google+

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *