QUE ESTÁ PASANDO NA UVIGO?
Ante a falta de información e a opaca xestión da Universidade de Vigo, queremos pór de manifesto unha situación especialmente grave que está a acontecer na mesma:
O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo está sendo desmantelado.
A Universidade de Vigo sacou a concurso este verán unha nova oferta moi reducida que non se axeita ás necesidades do alumnado. En primeiro lugar, reduce o número de horas de terapia ofertada polo gabinete ata un 37%. Así mesmo, elimina os espazos que se empregaban ate agora para o desenvolvento das sesións. A partir de novembro de 2023, usaranse consultorios de clínicas privadas completamente alleas á universidade, obrigando ás persoas afectadas a desprazarse ata os centros das cidades.
Perder o Gabinete supón un duro golpe para moitas das estudantes que necesitan deste servizo para sacar adiante os estudos, especialmente aquelas persoas que precisan do plan PIUNE (Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Específicas de apoio educativo). A maiores de toda a comunidade universitaria que poida ter a necesidade de asistir a terapia e non teña os recusos para acceder a ela. Pretenden rematar de privatizar un servizo que é de todas derivándonos a clínicas privadas.
A Universidade de Vigo non pode mirar para outro lado, a saúde mental ten unha importancia central no ámbito universitario e debe ser valorada. As estudantes non queremos perder os nosos dereitos. Non queremos que nos quiten un servizo do que xa gozabamos e que contaba cunha ampla demanda entre o estudantado. Non imos tolerar máis recortes en cuestións de saúde mental.
Polo exposto anteriormente esiximos:
- A continuidade do servizo do Gabinete Psicopedagóxico.
- Mantemento das oficinas onde se realizan as consultas dentro dos campus universitarios (non á externalización do servizo).
- Apostar decididamente pola saúde mental: máis horas de atención e ampliación da plantilla que ofrece o servizo.
- Facilitar o acceso ao servizo do Gabinete Psicopedagóxico para todo o alumnado (sen necesidade de darse de alta no programa PIUNE).
Se ti, membro da comunidade universitaria, apoias a proposta plasmada nesta carta, pedímosche que firmes. Cada persona é importante e necesaria para loitar polos dereitos de todos e todas as estudantes. Participa nesta queixa colectiva dirixida ao Reitorado e á Defensoría Universitaria da Universidade de Vigo e axúdanos a mudar esta situación
El gabinete psicopedagógico es necesario para los alumnos que están en estado difícil o incluso crítico. Ayuda mucho a que combines tu salud mental con los estudios .